Lei de protección de animais

A actual lei de protección de animais contén unha serie de excepcións que miran mais ós intereses dos que desprezan a vida de outras especies, e a consideran motivo de diversión, que á protección real dos animais.Semella que foi feita para aparentarmos europeos, pero salvagardando os intereses de minorías que se divirten con o sufrimento dos animais.Entre tais excepción, que despois viran regra porque sempre se autorizan, están: Os Touros, Espectáculos con animais, e o Tiro ó pombiño, este último prohibido expresamente na lexislación de outras Comunidades Autónomas mais desenroladas. Esto ten como resultado que os poucos practicantes, todos de alto poder adquisitivo, de esta barbaridade veñan a realizar “Campionatos de tiro al vuelo” en Galicia, en lugares como o que se celebra anualmente na Illa da Toxa no Concello de O Grove.

AdxuntoTamaño
Lei de protección de animales domésticos y salvajes en cautividad.pdf147.76 KB
reglamento protección animais.pdf120.63 KB