_ Queremos un cambio na lei de caza e na Orden de Vedas, para que se acabe cos abusos da caza e co poder que ten o lobby dos cazadores nas Consellerías, sobre todo na de Medio Ambiente.
_ Cambios para que sexan tidos en conta, por parte dos políticos, os sentimentos das persoas que consideramos ós animais seres que tamén sofren e deben ser respectados, e non son cousas que se matan para divertimento duns poucos. NÓS TAMÉN VOTAMOS.
_ Tamén queremos ese cambio para que os propietarios de fincas non vexan usurpados os seus dereitos durante décadas, por señores que van cazar e pisotear as súas fincas, tirar os muros, etc. de balde.
_Este cambio deberá ter en conta os dereitos das persoas que van ó monte pacificamente e que son coaccionados e postos en perigo, por aqueles que andan dando tiros e que poden causar un accidente, como de feito xa ten acontecido. Para que o monte sexa para o lecer de todos.
_¿Qué cambios consideramos que deben ser introducidos na lei de caza?
1_ Esixir que os organizadores de cotos ou “tecores”, teñan a autorización expresa dos donos de todas as fincas afectadas polo terreo de caza que pretendan solicitar. Un respecto absoluto o dereito de propiedade.
_Que se proceda a unha auditoría detallada de todos os “tecores” con verificación de outorgamento de dereitos cinexéticos, da súa actualización e vixencia, así como da comprobación dos porcentaxes de propietarios que outorgaron os dereitos de maneira explícita.
_Que estas autorizacións expresas sexan renovadas cando caduquen as anteriores, con aviso escrito e certificado ós propietarios, xa que os terreos poden ter cambiado de dono ou o interesado ignorar que caducou a concesión e a autorización. Nulidade total das renovacións automáticas de cotos e “tecores”, e das concesións de dereitos cinexéticos.
_ Que as cesións de dereitos cinexéticos, sen contrapartidas económicas, poidan ser retiradas en calquera tempo e as fincas segregadas.
_ Que as xestións para segregar esas fincas corran por conta do tecor correspondente e que non obriguen ó propietario a solucionar o problema que os cazadores lle causaron.
_Que se informe obrigatoriamente, os donos de fincas, do dereito que teñen de cobrar por conceder eses dereitos de caza.
2_ Que o período de caza se limite os meses de novembro e decembro, sen excepcións e con prohibición total de practicas cinexéticas, de calquera tipo, fora deses meses.
_Pensamos que a caza debe limitarse a unha época do ano ben definida (novembro e decembro) na que todos saibamos cando é, e non que nos atopemos con batidas, ganchos ou o que sexa, de sorpresa, e fora da época normal de caza.
_Estas batidas son as que máis accidentes causan entre persoas alleas á caza e que non saben nada da batida.
_Tamén acontece que as batidas fora de tempada, facilitan que certos “escopeteiros” aproveiten a batida para cazar outros animais que se poñan por diante.
_As batidas fora da tempada,tamén rompen o sosego necesario para que os animais críen con tranquilidade os seus fillos.
_Esixencia de que os organizadores de batidas avisen, os veciños, das batidas que se van realizar, sempre que estas sexan fora dos días normais de caza.
_Tamén se debe esixir que se sinalice o lugar con cintas e conos, igual que se fai cando un coche se para na estrada, para a visar do perigo.
3_ Limitar os días de caza ós xoves de cada semana.
_ Os domingos e festivos, que agora tamén son hábiles para a caza, son días nos que outras persoas tamén van ó monte, pacificamente, e sen risco para terceiros, a gozar da natureza. Micólogos, sendeiristas, escolares,observadores das plantas e dos animais, tamén teñen dereito a ir ó monte sen medo de levar un tiro.
4_ Eliminación das vedas parciais.
_As vedas parciais para certas especies, teñen exactamente os mesmos inconvenientes que as batidas. Estas vedas permiten cazar certas especies en diferentes épocas do ano ,o que somado os diversos campionatos, e festivais de caza, fan que os cazadores anden no monte, dando tiros, o ano enteiro.
5_ A caza non debe ser considerada un deporte.
_En primeiro lugar porque os principios e valores que o deporte pretende inculcar, nada teñen que ver con o que se fai na caza: Matar animais de maneira violenta, con acoso e aterrorizándoos antes por pura diversión. En realidade, xunto con as corridas de toros, debería estar incluída nas prohibicións previstas na lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.
_A o “deporte” da caza a Consellería de Cultura e Deporte dedica cuantiosos fondos (por ser un grupo de presión numeroso – aínda que menos que os “non cazadores”), case 700.000 Euros en 2006, que a federación galega de caza xustifica organizando “campionatos” como o de raposo, etc..
_Pensamos que estes campionatos, teñen como único fin, acceder a estas subvencións xá que antes non existían e de feito, algúns, son organizados case sempre en Galicia, como é o caso do campionato de raposo.
_Por outra banda, parécenos inmoral que se dedique tal volume de fondos á caza, por parte da Consellería de Cultura e Deporte,cando hai moitos deportistas “de verdade”, con un elevado nivel, pasando verdadeiras penurias para financiar unhas zapatillas ou un viaxe.
6_ Prohibición de acceder ó monte con vehículos e, sobre todo, prohibir os todoterreos.
_ Se algo de deporte podería ter a caza sería que os que a practican camiñasen un pouco. Os todo terreos degradan o chan, fan ruído, contaminan, e danan a vista entre as fragas e no medio da natureza. A prohibición de vehículos para a caza debería incluír a prohibición de saír con eles fora de estradas nacionais. O resto do camiño para acceder ó monte debería ser “a pé” gozando da natureza.
7_ Extinción do “comité de caza”na Consellería de Medio Ambiente.
_ O comité de caza é u órgano que, basicamente, vela polos dereitos e prerrogativas dos cazadores. Está composto por 22 persoas entre as que, solo 2 (duas) son ecoloxistas.
_ Este comité ten tanto poder que fixa as épocas de caza, as especies que se cazan e as que non, si se conceden segregacións de fincas a quen as solicita sendo lexítimo propietario, etc. _ Actualmente estamos solicitando os dous ecoloxistas que teñen participado neste comité, sen que lles fagan caso algún, que se retiren e deixen de dar lexitimidade as barbaridades que nel se aproban.
_Os cazadores pretenden agora, para estender o seu poder e influencia, que se cree unha consellería so para eles.
8_ Creación de un “Comité de Conservación da Fauna e do Medio Ambiente” onde os cazadores teñen igual número de representantes como cada un dos demais grupos participantes que serían : ecoloxistas, sendeiristas, micólogos, propietarios de montes, ornitólogos, labradores, zoólogos, etc.
_En fin que sexan unha parte da natureza, non os seus donos, xa que a industria é importante, pero mais importante é conservar o medio natural.
9_ Obrigatoriedade de que os cazadores pasen un exame teórico e outro práctico para poder ter unha licencia de armas de un permiso para cazar.
_ É evidente que se estes requisitos se esixen para poder levar un vehículo (coche ou moto) con mais razón debe ser esixido para levar unha arma de fogo.
10_ Probas de alcoholemia frecuentes nos montes, e nos seus accesos, para os practicantes da caza. _ Tanto perigo ten conducir baixo os efectos do alcohol, como levar unha arma de fogo, e andar dando tiros baixo eses mesmos efectos, sen embargo , ó día de hoxe ,aínda non se fan rutineiramente estas probas a os cazadores.
11_ Inspección rigorosa , por parte de técnicos da Consellería de Medio Ambiente, dos estudios e plans de aproveitamento cinexético que presentan os cotos e tecores.
_Estes plans, nos que se deben presentar estudios da fauna que existe nun terreo cinexético, así como do seu aproveitamento, numero de exemplares, etc. Asemellan, en moitos casos, os informes de impacto ambiental que se copian de unhas obras para outras, e son asinados por quen cobra a quen lle paga. En moitos casos, a rigorosidade é nula.
_É evidente que con estas prácticas extínguense moitos animais debido a que se explotan mais da conta porque, os que así actúan, queren cazar canto mais mellor, sen pensar nas consecuencias
_Outras veces pode acontecer que non hai medios nin coñecementos técnicos necesarios para levar a cabo, ou pagar, un estudio serio sobre o estado da fauna nese lugar e, en consecuencia, actúase irresponsablemente comprando un informe para renovar a documentación na Consellería.
12_ Prohibición definitiva da munición de chumbo nos cartuchos.
_ O chumbo,metal altamente contaminante que envelena as augas, os animais, as plantas e ás persoas, aínda está a ser sementado por toneladas, todos os anos, nos nosos montes por medio da caza.
13_ Suspensión da caza., a lo menos durante tres anos, nos lugares onde se produzan repoboacións de animais.
_Na actualidade están sendo cazados animais de granxa, que foron soltos no monte un par de meses antes da tempada de caza.
_Estes animais, asustados e perdidos, que aínda non atoparon refuxio, que non saben onde comer, onde beber, e que son mansos, son abatidos o pouco tempo de ser ceibados, tal como se fora unha grande fazaña de quen os mata.
_As matanzas nos campionatos de caza “sementada” é unha variedade igual, de cruel e covarde, ca esta.
14_ Ampliación das zonas, onde é prohibido cazar durante tres anos, hasta 300 metros mais aló dos lindes dos terreos queimados.
_Neses terreos, próximos a onde houbo incendios, é onde se puideron refuxiar os animais que non morreron queimados e que aínda non teñen refuxio nin se adaptaron o novo hábitat.
_As ordes de vedas teñen previsto no seu articulado a modificación destas no caso de incendios, secas, etc. que modifiquen particularmente o medio ambiente dos animais. Este artigo raramente se executa para evitar as protestas dos cazadores.
15_ Realización de un exame SERIO para acceso á licencia de Caza . O actual exame que propón a Consellería de Medio Ambiente para acceder á licencia de cazador contén diversas carencias ( Os actuais cazadores están exentos de realizala, o examen é supervisado polos propios cazadores, etc.). Estamos a elaborar unha proposta de exame mais acorde con a realidade e os intereses do monte , non que sexa un “paripé” para que calquera continúe matando animais sin o mais mínimo criterio e coñecimento.
16_ Control de armas e zonas de seguridade. As distancias de seguridade, para protección de terceiros, están establecidas no suposto de utilización de escopetas, cujo alcance non vai mais alá de 100 metros. A, cada vez mais, extendida utilización de rifles e carabinas de cañón raiado, que disparan balas, e cujo alcance vai mais alá dos 3.000 metros fai que tales zonas de seguridade sexan inútiles xa que, un solo disparo, pode atravesar dúcias destas zonas. Debese regular a utilización destas armas e prohibilas a menos de 4.000 metros de lugares habitados.
17_ Obriga, para todos os tecores, de manter a lo menos un dez por cento do seu territorio con menor presenza humana e adecuadas condicións naturais, como "santuario" onde nunca se pode cazar. Así como un cuarto do territorio, con a lo menos trescentas hectáreas contínuas, durante tres anos consecutivos, como zona acotada. Estas zonas deberán estar conectadas mediante unha zona acotada constantemente, de a lo menos trescentos metros de ancho e pouco habitada.
_Cartas e correos deben ser enviados á Consellería de Medio Ambiente e á Consellería de Cultura e Deporte para que os visitantes manden mensaxes a estas consellerías reclamando contra a actual Lei de Caza, a Orden de Vedas e as subvencións á caza como deporte.
Consellería de Medio Ambiente:
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible:
Tlf.: (981) 54.17.15
Fax: (981) 54.17.27
Dirección Xeral de Conservación da Natureza:
Tlf.: (981) 54.72.02/01
Fax: (981) 95.71.06
Teléfono 981 545400
San Caetano s/n - Santiago de Compostela
Teléfono 981 544294 / 4299 - Fax: 981 545499
15701 Santiago de Compostela
Teléfono 981 552436 - Fax 981 552437
Este é o actual exame que pretenden instaurar os cazadores en connivencia con as autoridades do ramo:
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| exame cazador.pdf | 71.35 KB |

mirade este
mirade este link:
http://www.club-caza.com/articulos/josep1.asp
idevos a merda todos os
idevos a merda todos os ecoloxistas e deixarnos en paz!!!!