Coordinadora para protección da Fauna Salvaxe
Tagged:

08-10-2009 - Presentación da coordinadora: Vieiros.

05-10-2009 - A Coordinadora presentarase mañá ás 12h. no Clube Internacional de Prensa en Santiago de Compostela. A coordinadora está integrada por Amigos da Terra, Abeiro, Adega, Matar por matar, Non! e Libera!

 

A creación desta Coordinadora ten a súa orixe na necesidade de preservar os “excesos” de caza que son consentidos pola administración galega. Preténdese crear un órgano non lucrativo de control sobre unha actividade que ano tras ano convértese nun negocio sanguinolento que acaba coa fauna salvaxe dos montes galegos baixo a cruenta denominación de “deporte”.

 

Como presunta actividade deportiva, son destinados moitísimos cartos en forma de subvención ás federacións de caza. Namentres se financia con cartos públicos a caza en Galicia, pola contra ofrécense programas educativos e de sensibilización para loitar contra a extinción do lobo, do oso, do coello autóctono galego ou da perdiz.

 

Incongruencias administrativas ás que se lle suman diversas irregularidades legais, como as tan cuestionadas Ordes de Veda anuais nas que se aproban cacerías ou batidas fora do periodo habilitado de caza para garantir a celebración dos polémicos Campionatos Estatais de Caza de Raposo que todos os anos son executados na Comunidade galega. O resto de autonomías do país, son bastante máis restrictivas á hora de dar pé á celebración destes campionatos, polas consecuencias negativas que deveñen, ambientais e sociais.

 

O traballo da Coordinadora será liderado polo representante do grupo Libera! en Galicia, con sede en A Coruña. Através da Coordinadora vanse levar a cabo diferentes actividades de presión e control da administración e das propias federacións.

 

Se queres facer algunha aportación so te tes que pór en contacto con algún dos grupos que integramos a Coordinadora para a protección da Fauna Salvaxe.

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Copie as letras no recuadro, sen espacios, antes de de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image without spaces.