Boborás apaga a luz de madrugada
Tagged:

13-09-2009 - (traductor) Para variar unha boa noticia para o medio ambiente. Unha medida barata, fácil e eficaz contra diversos tipos de contaminación que nos afectan. O concello de Boborás apaga a alumeado público entre as 02:30 e as 06:30 da madrugada.


Compre felicitar aos responsables de tan brillante idea coa que, non solo se vai aforrar moitos cartos que se poderán utilizar en outras necesidades, ademais se vai contribuír a reducir a contaminación luminosa (pinche nas imaxes para ampliar) ,que impide ver o ceo pola noite, así como unha significativa reducción da contaminación atmosférica, polo aforro de combustible nas centrais productoras de electricidade.

A noite é noite e o día e día. Por querer cambear este tipo de cousas estamos destruíndo o mundo. Hai menos de trinta anos as cousas eran así e todos as aceptabamos desa maneira. Tampouco se pode poñer unha autovía a cada aldea ni un autobús a cada veciño. Das 02.30 ás 06.30 non hai razón que xustifique o gasto en luz nin un volumen de usuarios que o precisen. Bastante servicio é que teñamos luz artificial fora dese horario, cando hai mais xente nas rúas e pode ter unha razón. De madrugada o mais racional é apagála de maneira a disminuir a contaminación lumínica e malgastar cartos.


Xa estamos cansos de escoltar as nosas autoridades facer recomendacións do tipo “aforrar auga”, “ economizar luz”, “andar en bicicleta”, etc. así como gastar grandes cantidades de cartos nestas “campañas publicitarias”, de nula utilidade, mentres eles seguen malgastando cartos e enerxía neste tipo de asuntos, ou utilizando pesados e contaminantes todo terreos para se desprazar.


O enorme abuso que se fai do alumeado público parece que solo favorece ás empresas eléctricas unha vez que, nas nosas aldeas sobre todo, pouca utilidade ten. No en tanto sabemos que a maneira mais eficaz e demagóxica de acadar votos é o famoso “punto de luz” que tódolos  veciños parecen estar desexosos de ter diante da casa e que, xunto coa enorme abundancia de farois, transforman as nosas vilas en focos de contaminación luminosa que chama a atención cando miramos a paisaxe durante a noite.


A noticia está tendo grande repercusión a nivel nacional e, aínda que hai quen lle pon obxeccións debido á suposta influencia na seguridade, parece que a medida é aplaudida por toda a cidadanía.
Non esquezamos que aínda é recente o tempo en que o alumeado público no existía e partindo do principio de que calquera extremo é pouco recomendable, non parece que o actual “festival” de luces sexa o mais recomendable, tanto para o descanso como para o medio ambiente ou a economía.

Debemos saber que este problema solo existe no primeiro mundo e que existe unha grande parte de países que non producen esta contaminación, entre outras cousas, porque non poden permitirse tal gasto.


Noraboa ao Concello de Boborás e esperamos que sexa un exemplo a seguir por outras corporacións.

Mais información:

Contaminación lumínica en España.

Estudio sobre alumeado de vías públicas.

Notícia de prensa:

http://www.laregion.es/noticia/102471/bobor%C3%A1s/luz/recorte/apagar/noche/

AdxuntoTamaño
Contaminación lumínica en España.pdf471.3 KB
Alumbrado de vías públicas.mht136.79 KB

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Copie as letras no recuadro, sen espacios, antes de de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image without spaces.