Maside . A utilidade da "marquesiña"
Tagged:

03-09-2009 - Finalmente descubrimos a utilidade do carísimo armatoste colocado na Praza Maior de Maside, cuxo custo ascendeu a mais de 16.000.000 de pesetas ou, o que é o mesmo, mais de 96.000 euros.


Non sabemos se debido á tradicional “chapuza” galega ou á conciencia social de algún avisado empresario da hostalería, preocupado por lle acadar algunha utilidade á trapallada maior da Vila, o caso é que nos últimos días o enxendro lucía a decoración engadida que se pode ver nestas fotos.


Hai días publicabamos un artigo sobre a tremenda desfeita ocasionada pola instalación de unha xigantesca marquesiña na praza Maior de Maside.


Unha obra que, ademais das súas dimensións absurdas, non cadra en absoluto co conxunto histórico desta praza e pouca utilidade ten, unha vez que o transporte público ultimamente ten escasos usuarios debido á competencia de autovías e autopistas que destruíron esta, antigamente, fermosa Vila e seu entorno.


En canto aos prezo da enxeñoca, podemos asegurar que temos coñecemento de que algún veciño, mellor administrador de recursos que os responsables desta “desfeita”, foi quen de construír unha casa de 200 metros cadrados coa mesma cantidade de cartos.


Non foi pequena a polémica que xerou tanto nos xornais como na TV, tanto o prezo como a instalación de tal desaguisado no centro de Maside, como para que agora comprobemos que a súa única utilidade será servir de velador para tomar o café no inverno, protexidos dos elementos, ou para que alí sexan gardadas mesas e sombriñas durante a noite.


Non é raro que os nosos sabios rexedores, cuxos designios están moi por enriba dos que temos os comúns mortais, nos sorprenden con cousas como estas.


No mesmo concello de Maside, e no lugar de O Lago, polo modesto custo de 53.000 Euros, ou o que é o mesmo, casi 10.000.000 de pesetas, están construíndo unha caseta de pouco mais de 50 metros cadrados, nun campo de fútbol que hai anos ninguén utiliza como tal.


A última utilidade que se lle deu a este campo, foi a realización de probas de karts nas últimas festas e que, unido á circulación dos camións das orquestras e das atraccións varias, deixaron a superficie do campo mais parecido a un leira recentemente arada que a un lugar onde xogar fútbol.


Tamén podemos observar como unha das porterías do campo quedou fora do cercado de madeira que se instalou, posiblemente coa intención de que sexa adxudicada ao equipo local co fin de obrigar aos adversarios a chegar a ela utilizando a entrada que hai preto  e así facilitar a victoria do equipo da casa.


Lamentablemente parece que os fondos do plan “E” non foron dabondo para retirar as entulleiras e vertedoiros ilegais de lixo que hai en volta desa cara e inútil serie de, "urxentísimas" e "imprescindibles"  “melloras”, nas que se gastaron os cartos do devandito plan.

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Copie as letras no recuadro, sen espacios, antes de de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image without spaces.