Carballiño - Seica pretenden pechar a canceira

28-08-2009 - -   Amigos da Terra recibe un demoledor informe, do Valedor do Pobo, sobre as graves deficiencias na canceira do Carballiño.(Vexa no final do artigo a noticias da prensa sobre o informe do Valedor do Pobo).

Artigo Orixinal:

26-08-2009 - Esta asociación vese na obriga de esixir ao Concello que aclare os insistentes rumores que, cada día con mais intensidade, circulan nesta Vila sobre o posible peche da canceira municipal, o que explicaría a presencia de cans abandonados polas rúas.


Unha posibilidade inquietante xa que viría a confirmar a falta de interese da actual corporación pólo ben estar dos animais cando os veciños e demais grupos políticos están reivindicando melloras no trato dos cans alí recollidos.


Non podemos aceptar que tal desfeita se leve a cabo porque probaría que esta obra, na que se gastou unha enorme cantidade de recursos, ao igual que outras obras que estamos vendo ultimamente, non terían sido levadas a cabo para atender necesidades da Vila e si para xustificar o gasto de elevadas subvencións a favor de outros intereses.


No podemos aceptar tampouco que se estea utilizando os animais de maneira mesquiña para represalias contra as persoas as que lle doe o seu sofremento ou porque puxeron en evidencia a incompetencia de quen debería atendelos.


Queremos saber por que aínda non se organizou a fundación que debería levar a canceira a partir do mes de xuño, conforme se acordou en pleno e que tería solucionado os problemas de atendemento dos animais e descargado ao concello dunha responsabilidade que é incapaz de atender.


Parécenos unha burla aos veciños e un desprezo as normas democráticas que non se respectara ese acordo do pleno nin tampouco o que, por unanimidade, se tomou para crear unha comisión de investigación que aclarara as contas e inversión feitas, así como a morte violenta dos cans alí recollidos.


O posible peche da canceira, ademais, sería un insulto contra a sensibilidade de tódolos que desexamos unha vida digna para os animais abandonados, para os que queremos procurarlles un abrigo mentres esperan unha adopción e para os que esperamos que os fondos públicos sexan utilizados para mellorar a calidade de vida nesta Vila e non como desculpa para beneficio de terceiros.


Esiximos aos demais grupos políticos que tomen as medidas que corresponda para atallar os abusos, arbitrariedades e  deficiencias democráticas que veñen acontecendo ultimamente no Carballiño.


Parécenos decepcionante que, por culpa de incomprensibles manexos políticos que en nada benefician aos veciños desta Vila, nada se faga contra o deterioro da vida democrática e as actitudes arbitrarias que vemos a diario.


Pensamos que os grupos políticos deben esixir o cumprimento dos acordos tomados ou escusar a súa asistencia a plenos que non serven para nada.


Pedimos que se aclare, mediante un pleno especial ou os mecanismos oportunos, se está sendo proxectado o peche da canceira municipal co conseguinte desperdicio dos voluminosos fondos alí invertidos.

Mais información:

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/08/31_02.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/08/29/0003_7935226.htm
Valedor do Pobo- Amigos da Terra.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/08/27/0003_7930829.htm

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/08/27_01.htm

http://copecarballino.es/novas/asociaci%C3%B3n-matar-por-matar-non-p%C3%...

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/08/26_01.htm

 

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Copie as letras no recuadro, sen espacios, antes de de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image without spaces.