Pasividade ante a desfeita
Tagged:

24-08-2009 - Continua o desfile de noticias que confirman a inmoralidade dos que están dispostos a rematar co medio ambiente e coa vida neste planeta, coa única intención de gañar cartos.


É inaudito que estamos asistindo impasibles á desfeita que nos vai afectar a todos, sen que ninguén mova un dedo para deter a catástrofe que xa está mais que prevista polos diversos informes científicos emitidos e que confirman, entre outras barbaridades, que o Ártico vai perder a capa de xeo no ano 2015 ou que a selvas de Borneo desaparecerán no mesmo ano.


Seguen a falar do cambio climático como se fora algo natural e inevitable, que non é posible eludir, que non podemos nin debemos deter de inmediato e co que deberemos convivir para que, os miserables que o ocasionaron e que seguen a agravalo, poidan continuar gañando cada día mais cartos.


Incluso temos, no Ministerio de Medio Ambiente, unha “Secretaría General para la Prevención de la Contaminación y del Cambio Climático”. Noutras verbas, que non teñen intención algunha de parar o desastre ou de loitar para impedilo.


Foi ocasionado por criminosos perfectamente identificables pero que están, tanto eles como os seus beneficios, por encima das leis.


Asistimos á transformación do noso sistema fluvial en unha verdadeira rede de cloacas, debido ao seu abandono e a o sistemático vertido de residuos nos seus cauces, envelenando as augas que transportan e que son a fonte da vida neste planeta.

Mentres, seguen a nos recomendar o aforro de auga, cando tódolos recursos económicos do País van parar ás mans de constructoras, bancos e industria contaminante do automóbil, sen que se dedique un solo centavo ao que debería ser a intervención mais importante e prioritaria, o saneamento das nosas augas.


Somos o segundo país mais endebedado do mundo, despois de EE.UU e por encima de Inglaterra á que superamos no dobro de débeda, falase de aumentar os impostos para cubrir o déficit público, cavilan en reducir ou conxelar salarios de funcionarios, seica van faltar cartos para pagar as pensións no futuro e están pensando tamén en reducir o seu importe aumentando o tempo de cotización.

Pero para o que non faltan cartos é para obras megalómanas, como autopistas e AVE, xa que deses fondos viven os poderosos do mundo que teñen contratados a tódolos partido políticos que nos gobernan.


Non temos visto que entrara no cárcere ningún dos responsables polas multinacionais que están envelenando o noso  aire, a nosa auga así como o medio que permitiu a vida neste planeta durante centos de milleiros de anos.


Continúan as previsións de que a desfeita siga “crecendo” xa que, conforme indicamos noutro artigo, non se conforman con o que están destruíndo ao día de hoxe e proxectan aumentar a desfeita, as vendas, os beneficios, a facturación e a destrucción, cada ano mais. Queren continuar o crecemento económico. Queren aumentar o ritmo de transformación dos recursos naturais en cartos e despois en lixo.


Seguen a ser presentados proxectos que nos indican que teñen previsto aumentar esa destrucción, como por exemplo o aumento de embalses, por parte de Iberdrola, para xerar mais enerxía que, evidentemente é necesaria para transformar os recursos naturais en bens de consumo, con o que pasamos a saber que, o que se produce hoxe en día, parécelles pouco e queren producir e vender mais.


Como non podería deixar de ser, as empresas responsables da desfeita apelan aos famosos “postos de traballo” que tal desatino vai crear na rexión, nunha actitude inmoral e nauseabunda, atenta solo aos seus intereses, que desde logo non son o ben estar da rexión, nin os postos de traballo para os veciños e si o seu lucro. Postos de traballo que, conforme consta na noticia, cando foi inaugurada empregaba a mais de 2.000 traballadores é que hoxe están na rúa debido á automatización de tarefas.


Seguen a encher os nosos montes de muíños, que afean a paisaxe e a privatizan para beneficiarse do desatino. Usurpan, para o seu lucro, a beleza natural das nosas montañas. Enerxía limpa din, pero seguen ampliando o período de funcionamento da central mais contaminante de España e que está na nosa Terra. A central térmica de As Pontes.

Por certo e para información de ilusos, sendo a mais contaminante solo creou 300 “postos de traballo”, en cambio arruinou a tódolos veciños que hoxe ven como as súas propiedades non valen nada por culpa da contaminación da zona.


Xa están a falar incluso de retomar o debate sobre voltar á enerxía atómica, co fin de poder subministrar a enerxía que compre para continuar coa desfeita. Parece que confian en que a xente teña esquecido o terrible accidente de Chernobil, que aínda ten envelenada unha enorme superficie de Rusia e onde seguen a morrer e a sufrir as consecuencias, as persoas afectadas.

Pensan no lucro, obvian os riscos e confían na falta de memoria da xente para poñer en perigo a nosa saúde, a nosa vida e a vida en xeral con tal de que eles gañen cada día mais. Repítense polo mundo os casos de envelenamento de milleiros de persoas e do medio natural, sen que lles pese para nada nas súas conciencias, solo queren que sexa esquecido canto antes para que eles poidan continuar destruíndo, envelenando e pondo en risco a integridade dos demais para gañar cartos.

Sobran casos como Aznalcóllar e Bopal. Dúas desfeita, entre outras, que seguen impunes.

 

Ibertrola nauseabundo e inmoral argumento:
http://www.abc.es/20090822/galicia-galicia/iberdrola-generara-empleos-para-20090822.html


Espoliadores da Ribeira Sacra:
http://www.xornal.com/artigo/2009/08/23/galicia/espoliadores-da-ribeira-sacra/2009082321055519681.html


Fin xeo artico:
http://www.europapress.es/epsocial/noticia-oceano-artico-no-tendra-hielo-verano-alrededor-ano-2015-experta-20090731133721.html


Remendos en As Pontes:
http://www.vieiros.com/nova/75978/endesa-remata-a-obra-que-permitira-explotar-25-anos-a-principal-termica-do-pais

Debeda países do mundo:
https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2187rank.html


Vertidos nas rías:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Controlar/lluvia/sanear/rias/elpepuespgal/20090824elpgal_8/Tes


Augas sen depurar en Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/08/24/0003_7925587.htm


Vertidos nos ríos:
http://www.laregion.es/noticia/100408/carballi%C3%B1o/vertido/aguas/fecales/arenteiro/aquagest/
http://www.xornal.com/artigo/2009/08/22/galicia/vertidos-rias-rios-deben-mal-estado-depuradoras/2009082220482365811.html

 

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Copie as letras no recuadro, sen espacios, antes de de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image without spaces.