17-08-2009 - Hoxe a nosa sociedade conta con todo o necesario para ser totalmente feliz, vivir na abundancia e no benestar, convivir harmonicamente coa natureza e coas demais especies,e , sen embargo, está acontecendo todo o contrario.
O caso é que, hoxe en día, estamos vivindo a época de maior progreso e de maior riqueza que o mundo viu nunca. Tal vez incluso demasiado progreso e demasiada riqueza, como veremos.
Acontece que calquera pode intuír que, co progreso técnico acadado, tanto a especie humana cuanto as demais especies, poderían estar a vivir nun auténtico paraíso de vida e natureza, en boa harmonía uns cos outros, sen necesidade de se destruír entre eles como ven acontecendo e con boas posibilidades de manter o equilibrio do medio ambiente e coas demais especies, sen esgotar a riqueza e a vida que existe na Terra.
As razón de que esto non sexa así, a pesar dos inmensos medios cos que contamos para que este edén sexa unha realidade, parece ser que estriba no feito de que, ese exceso de riqueza no que hoxe vive a especie humana, non está a beneficiar á totalidade desta especie e moito menos as outras especies. Mais ben semella que tanto desenrolo e riqueza, cada días mais, esta a prexudicar a tódalas especies.
E non beneficia a toda a especie humana e moito menos ás demais especies, porque hai un enorme excedente, ou unha enorme parte desa riqueza, hoxe en día xerada polo home, que está sendo amoreada e acaparada por uns poucos individuos da nosa especie. Ou sexa a pesar de que se nutre do esforzo da nosa especie e da explotación abusiva dos recursos da Terra e das demais especies, non repercute no ben estar de tódolos seres vivos que hai no planeta. Simplemente está sendo amoreado en forma de diñeiro por uns poucos individuos da nosa especie que, ademais, acumulan un enorme poder capaz de condicionar as políticas sociais e económicas dos estados.
Unha riqueza que pouca utilidade ten se o mundo segue neste camiño, porque se trata solo de diñeiro e tal riqueza é, como se diría hoxe en día, “virtual”. De nada serve nun mundo deteriorado, contaminado e carente de biodiversidade.
Con ser perniciosa esa acumulación de riqueza por uns cuantos individuos, aínda non é o mais grave do asunto. O mais grave do asunto é que, eses mesmos individuos, non se cansan de amorear cada día mais riqueza e para tal fin precisan que, cada día, cada ano e cada “exercicio” económico, as súas empresas facturen mais. Noutras palabras que “crezan”. O afamado “crecemento económico”.
Como consecuencia de tal feito, precisan vender cada ano mais e ter cada ano mais compradores, o que implica fabricar mais cousas que o ano anterior, o que implica consumir mais recursos naturais, como madeira, pesca, auga, contaminar mais, asfaltar mais, etc.( http://www.elpais.com/articulo/portada/proximos/anos/decidiran/futuro/ci... )
Tamén precisan, como diciamos, ter mais compradores para os seus productos, así como mais traballadores excedentes para que non suban os salarios e así poder gañar mais cartos. Unha espiral que nos está levando a que, nos mesmos, sexamos a finalidade do negocio dos que destrúen o mundo para gañar cartos.
Gañan os seus beneficios facendo das necesidades humanas un negocio. Non fabrican comida para manter a humanidade, fabrícana para gañar cartos, así que o fin non será nunca producir alimentos suficientes para alimentar a humanidade actual, precisan ademais que esa cantidade de seres humanos, aos que lles venden a comida que fabrican, creza cada día mais para teren mais clientes, crecer economicamente e gañar cada ano mais cartos. O que se di sobre a comida tamén serve para vivenda (casas), transporte, etc.
Como resultado deste plantexamento, de facer das necesidades básicas un negocio administrado polas leis do mercado resulta que, cada ano, o consumo de recursos e a consecuente contaminación e destrucción do medio ambiente é maior.
Se tais necesidades foran cubertas por un estado que non estivera dominado polos poderes económicos e que solo intentara suplir as necesidades da poboación, posiblemente non se trataría de aumentar o número de usuarios de tais servicios, pero cando se deixa en mans do capital, o crecemento, o aumento de beneficios e de ventas é un dos principios do negocio.
Nos momentos actuais, en que levamos menos de un ano con crecemento negativo da economía, xa están os poderes económicos e seus representantes públicos, os poderes políticos, chorando polo pronto regreso do “crecemento económico”. Resulta chocante ver como eses políticos se atreven a falar de sustentabilidade, de conservación da natureza, de diminución da contaminación, etc. mentres en seguida logo falan de volver a “crecer” o antes posible.
Ou lles falla algo na cabeza ou nos falla a nos de escoitar tais contradiccións sen pestanexar. Son imposibles ámbalas cousas. Ou se crece e se contamina e destrúe cada día mais, ou se deixa de crecer e paramos coa destrucción de tódolos recursos do planeta, ou en poucos anos acabamos esgotando bosques, minas, peixes e especies animais, por exceso de consumo e falta de territorio para viviren.
Cada vez que colocamos cemento ou chapapote na terra, cada vez que urbanizamos e terra natural, privamos as demais especies de compartir esa terra. Unha terra que non foi feita solo para a especie humana e si para que a compartamos coas demais especies. Mentres as demais especies pasaron milleiros de anos utilizando a terra de maneira discreta e sen que case se note, permitindo que as demais especies tamén a utilicen, a especie humana usurpa a propiedade da terra e modifica o seu estado de maneira que solo serve para ser utilizada pola nosa especie, privando ás demais de poder utilizala simultaneamente.
E non son intervencións discretas as nosas, acostumamos a facer enormes desfeitas no entorno natural e no medio, que se ven agravadas porque, non solo a modificamos de maneira exclusiva, senón que case sempre o aproveitamento visa o máximo lucro e nunca o mínimo impacto, así vemos como proliferan as autovías e autopistas, de enorme impacto e pouca utilización, en detrimento do ferrocarril que tería moita menos incidencia na vida dos demais seres vivos.
En definitiva, deberíamos pensar nas medidas que tomaríamos contra calquera outra especie, que non fora a nosa, e que causara o descalabro actual na Terra, colocando a esta a piques de ser destruída, xunto con tódolos seres vivos que nela habitamos, debido á intervención desa especie.
O home e as demais especies, conseguiron convivir neste planeta durante ducias de miles de anos pero, no momento actual, o exceso de individuos da nosa especie, está consumindo o territorio e os recursos dos que se deberían alimentar e vivir tódalas especies do mundo, a un ritmo suicida.
A multiplicación irresponsable da nosa especie, ocasionada pola cobiza de uns poucos e coa finalidade antes exposta de gañar mais e mais cartos, acabará por nos destruír a todos, a esta nosa especie por ser a causa e as demais por culpa nosa.
Deberíamos pensar, antes de colocar cemento en calquera lugar, que ese mesmo lugar leva millóns de anos sendo o que debería ser sempre, un espacio natural de uso común para tódolos seres vivos e que, despois deses milleiros de séculos, vamos a destruílo, acaparalo e expulsar del a centos de outras especies, que tamén teñen dereito de utilizalo.
Ou se toma consciencia do problema e se trata de diminuír a cantidade de individuos da nosa especie, asunto fácil de resolver con un controle da natalidade, ou camiñamos para o suicidio colectivo e inminente.
Hai que romper co acelerado ritmo de destrucción que estamos vivindo, impedir que siga esta loucura de cambiar calidade de vida por cartos, rachar coas imposicións dos poderes económicos sobre os poderes políticos, adoptar unha política que comece por abastecer de necesidades básicas á actual poboación e, como proxecto de futuro, levar o número de humanos a un nivel soportable.
É imposible que aumente a calidade de vida e a riqueza de tódolos humanos por medio da producción desbocada. A única maneira de que tódolos humanos teñan unha calidade vida aceptable sen destruír toda o medio natural, é reducindo o número de individuos, de maneira que unha producción de riqueza, modesta e sustentable, sexa repartida entre menos xente, correspondendo unha parte maior a cada individuo.
En definitiva, queiramos ou non, a cousa vai acabar mais pronto que tarde e o que debemos xestionar e decidir, é a maneira en que eso vai acontecer. É imposible continuar crecendo e en consecuencia consumindo, destruíndo e contaminando por tempo indefinido.
Nese medio tempo vai acontecer que os países con menos recursos serán os que mellor conserven o seu entorno natural, mentres, os que son como o noso, gastador, endebedado (somos o segundo pais mais endebedado do mundo despois de EE.UU
https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/21... ) novo rico, con unhas clases dominantes cobizosas e deshonestas, terán gastado inxentes recursos en enriquecer a uns poucos mediante a destrucción do ben mais escaso que haberá en poucos anos. A Natureza.
O peor de todo é que, este ben, é propiedade de tódolos seres vivos do planeta, por medio del conseguimos proliferar (demasiado), respirar, comer e gozar de un auténtico paraíso no medio da hostilidade (para a nosa especie) do resto do universo coñecido e desgraciadamente, toda esta riqueza, están a destruíla catro desalmados que a queren cambiar por cartos. Habería que lles para os pes de algunha maneira, porque nos van envelenar o aire que todos respiramos e destruír a Terra na que todos vivimos.
Resulta ademais chocante, e sería material para outro artigo, o feito de que a nosa especie estea intentando colonizar mundos totalmente inhóspitos e pensando en como facelos habitables, mentres estamos a destruír o único mundo no que é doado vivir e reúne tódalas condicións de habitabilidade para esta e as demais especies. Un auténtico edén na inmensidade do cosmos, mentres non atopemos outro, e que deberíamos coidar como algo de incalculable valor e inimitable.
“Sólo después que el último árbol sea cortado,
Sólo después que el último río haya sido envenenado,
Sólo después que el último pez haya sido atrapado,
Sólo entonces nos daremos cuenta que no nos podemos comer el dinero”
Profecía de los Indios Cree

Enviar un comentario novo