13-05-2009 - Co gallo da prohibición de que entremos na canceira municipal, imposta polo sr. Alcalde de maneira que consideramos discrecional, autoritaria e sen amparo legal, por non se axustar á lei procedemento administrativo, presentamos queixa diante do Valedor do Pobo.
A mesma foi admitida a trámite e así nos lo comunicou con data 07 de maio e que recebemos o día 12.
Ó marxe de que consideremos tal prohibición unha inxustiza, tamén está o feito de que sospeitamos que as verdadeiras razóns de tal prohibición son impedir que se saiba o que acontece na canceira, normalmente e por experiencia nada de bo, así como o trato que están tendo os animais que, polas mesmas experiencias, acabamos descubrindo que morren por ducias e sen causa xustificada.
Xa sabemos, por información recibida de viva voz de membros do grupo de goberno do Concello do Carballiño, que a eles “non lles importa nada” o que falen os medios de comunicación, así como a pouca fe que teñen en certas institucións, como é o caso do Valedor do Pobo, ao que acudiu a organización “Amigos da Terra” para recadar información sobre a canceira e que, ao que semella, aínda non tivo resultado algún, aínda que ignoramos si e debido a que non se concluíron os trámites ou se a demora e debida á sospeitosa falla de dilixencia que, para algúns asuntos, ten o noso Concello.
Nos manteremos a nosa fe de que as institucións funcionen e lamentamos a falla de sensibilidade, cara a estes asuntos, do grupo de goberno e do Sr. Alcalde, tan dilixente ele para impoñer sancións, ao noso xuízo inxustificadas e discriminatorias, sen respectar os procedementos legais de audiencia ao interesado e dereito de defensa.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Word valedor.doc | 52.5 KB |

Enviar un comentario novo