Destrucción e Cobiza
Tagged:

(Castellano)- Xa o sospeitabamos, pero agora puidemos comprobar, “in situ”, como Galicia está sendo masacrada sen necesidade e polo solo motivo de que as grandes empresas poidan gañar mais cartos. Todo, por suposto, con o beneplácito de quen debería velar polos nosos intereses e o noso territorio, pero teñen que servir ós intereses dos poderosos.

A construcción de autovías e autopistas está sendo levada a cabo da maneira mais prexudicial para a paisaxe, o medio ambiente e a fauna, porque, as empresas que as executan, fano da maneira mais trapalleira e depredadora que existe.

De feito, todo parece indicar que España é o país de Europa con mais quilómetros de autopista, debido á tolerancia que existe con ese sistema depredador de facelas, mentres, en Europa, as cautelas para preservar o medio torna estas construccións mais caras.

Acontece que en Galicia é viable a construcción destas “infraestructuras”, sen impacto ecolóxico nin visual significativo. Tamén poderían manterse os pasos para veciños e pasos para a fauna, de maneira que non se separasen os pobos e os animais non foran atropelados. (Vexa a cruel proba).

Bastaría con que se fixeran mais viaductos e mais túneles no trazado destas vías, como se está facendo con o AVE. Tampouco sería preciso que todo o trazado fora nesas condicións, bastaría con que houbera un número representativo ou suficiente desas construccións, repartidas a distancias razoábeis. Como a cada quilometro mais ou menos.

A terra retirada dos túneles serviría para encher algunha que outra pequena depresión, pero os viaductos farían innecesario un excesivo movemento de terras, e o impacto visual que esas “trincheiras” e conseguintes recheos teñen.

Sempre nos preguntamos a razón de que se desmontaran tantas montañas e, en cambio, non se fixeran túneles a través delas de maneira que estas serviran de pasos para a fauna e ademais o impacto visual fora menor (esta composición, ós lados, amosa a diferencia).

A razón é ben simple. Utilizan a terra desas montañas que arrasan, para facer grandes recheos de vales, nos que colocan solo un tubo de plástico ou formigón, para o paso da auga, pero que non permite o transito de persoas ou animais.

Para colmo da insensatez, na última orden de vedas, autorizan batidas "por danos á circulación vial" que antes non existía. Encima de atropelados, ainda os matan por tentar ir comer, beber ou se reproducir.

É evidente que, se neses vales, se construíran viaductos, non sería necesario desmontar unha colina enteira para quitar a terra. Pero a cousa aínda é peor...

Como normalmente a terra que quitan dese pequeno monte non é dabondo, aínda aumentan o desterre, o impacto visual e o perigo de desprendementos, realizando desmontes nas ladeiras para retirar mais terra, como si se tratara de unha canteira ou unha mina de extracción de áridos (imaxe da dereita).

Na imaxe ó lado podemos ver como unha retroexcavadora vai retirando terra, de arriba para baixo nesa ladeira (1) mentres os camións a transportan hasta a plataforma da autovía (2) para nivelala. Pero hai mais...

Mentres iso acontece pouco antes da ponte que están construíndo no Viñao, ó outro lado, e dicir en Listanco e a pouco mais de un quilómetro, resulta que lles sobra terra e están a depositala no montículo artificial e que se ve cuberto de herba recente, que eles sementan encima para que pase desapercibido (vexa a foto á dereita).

Tampouco se dan ó traballo de levar de onde sobra para onde fai falta. Prefiren facer unha “canteira” no mesmo lugar, sen lles importar a altura da “trincheira” que están creando sen necesidade, nin o seu impacto ecolóxico e visual. Viñeron gañar cartos, cantos mais mellor.
Acompañamos un par de simulacións onde se pode ver como, con un pouco mais de traballo, o impacto sería mil veces menor (esquerda).

Aquí simulase algún túnel no lugar dos recheos. É evidente que, si se fixera un viaducto, a necesidade de terra sería moito menor. Na foto do lado dereito o estado real.

Mentres eso acontece, as nosas “autoridades”, agora sacan a lei da paisaxe. Cruel ironía...

Nova en VIEIROS.

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Pata e crías(2).doc298.5 KB

gracie mile

mui interessante, obrigado pola informaçom
e a claridade.

madeingaliza

Cementeros

Me alegra saber que hay gente en Galicia que se
resiste acementar por todas partes. Aurrera anaiak!!! Jose

sereno

Esqueceches facer unha valoración económica de ambas propostas e o custe final por kilómetro de vía. Logo habería que comparalo co custe noutras zonas e tirar conclusións.

sereno

Moi fácil sereno, o km. de autopista trapalleira vale aprox. 6 millóns de Euros. O km. de AVE aprox. 25 millóns. agora todo depende.
Si se fai todo como o AVE ou si se colocan pasos a cada,digamos, 500 mts. No segundo caso puco mais pode saír, o que no é de recibo é:
a) Que non se deixe ningún paso para a fauna.
b) Que se faga o peor posible para gañar o mais posible.
c) Que se faga moito e mal en lugar de pouco e ben.
d) Que se valore mais o diñeiro que a natureza e a fauna.
Saúdos

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Copie as letras no recuadro, sen espacios, antes de de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image without spaces.