09-01-2008 - Informamos a os residentes nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense que o próximo sábado, día 12, hai un grande risco en saír ó monte debido a que, a pesar de que a tempada de caza rematou oficialmente o pasado domingo, nese día vai haber grande movemento de cazadores disparando, debido a que se celebran os “campionatos” provincias de caza de raposo nesas provincias.
O risco de ser atinxidos por un disparo é maior debido á falsa crenza de que rematou a caza así como a o feito de que, a Federación Galega de Caza, está a manter este acontecemento no mais absoluto sixilo canto a os lugares concretos onde se vai celebrar.
Consideramos unha irresponsabilidade tal feito, xa que se debería dar a máxima publicidade para evitar accidentes sobre todo cando,por parte desa Federación, se afirmou recentemente que irían sinalizar e avisar das batidas para evitar riscos a terceiros.
Pensamos que este feito é debido a dúas razón fundamentais:
A primeira o fracaso da Federación Galega de Caza, no mes de febreiro de 2007 , cando asistiu a diversos debates tentando convencer á opinión pública dos seus argumentos para realizar estas matanzas.
A segunda a tentativa, inútil, de impedir que as asociacións ecoloxistas saiban do lugar da matanza e así non vaian protestar. Neste caso non só fracasan novamente no seu propósito senón que ,ademais e como quedou dito, están arriscando a integridade das persoas que saian ó monte nese día.
Animamos a todos os que desexen información para evitar riscos, a que se dirixan ás Delegacións da Consellería de Medio Ambiente na súa provincia, e soliciten que lles indiquen o lugar onde van acontecer os tiroteos.
• DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE LUGO
Ronda da Muralla 70, 1º
27003 - Lugo
Tlf.: (982) 29.45.88/Fax: (982) 29.45.90
• DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE OURENSE
Ra Paseo 18, 5 andar
32004 - Ourense Tlf.: (988) 38.61.39/Fax:(988) 38.61.35
• DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE PONTEVEDRA
Ra Nova de abaixo, n 2
36071 - Pontevedra
Tlf.: (986) 80.55.94/Fax: (986) 80.53.98

Neve en Meira
¿ Poderase ir en Meira a cazar o raposo ca nevada que hai hoxe ?
Hai que darlles caña ós de medio ambente, son continuistas e case non hai nengún aspecto que mellore: minas, seguen plantando eucaliptos, o Seprona so actúa contra os febles. O da caza é escandaloso.
Fai unhos 2 meses na TVG, nese programa de caza, saiu unha batida ó corzo. Pillaron ún que case non mostraron porque era FEMIA, víuselle fugazmente a testa sen cornamenta. Coido que eso está prohibido.
Pero claro, disparan a todo o que se move, se matan persoas como se van a parar a mirar se son machos. Teóricamente terían que ser machis vellos ou enfermos ou excedentarios, seleccionados por os gardas. Cazadores-ecoloxistas, menuda coña.
Sei de algún cazador con bastante espíritu deportivo, máis non é o que se ve a cotío, moito menos na caza maior.
Aló por os Ancares van cos seus 4x4 por onde está prohibido para o resto ( teño moto de trial e de trail, fai unha ducia de anos que so vou ós Ancares a pé; eso sí agroman as canteiras, en Balboa( Bierzo ) hai unha no camiño a Penarrubia ).
Xesús
Enviar un comentario novo