Cando está a piques de saír á información pública o proxecto da nova lei de protección dos animais, é o momento de comprobar o espírito progresista do goberno de Galicia así como dos grupos do parlamento galego. Imaxes como as que, a diario, circulan na rede, non son propias de seres civilizados.
Confiamos en que certas actividades como os campionatos de raposo e de tiro ó pombiño, prohibidos no resto de Europa, non sigan tendo en Galicia o seu “paraíso fiscal” . Tampouco estaría de mais que se prohibiran os campionatos de caza, como os que se realizan o ano todo na nosa comunidade.
Matar animais de granxa para que algún “deportista” poida satisfacer os seus instintos depredadores e sanguinarios, á falta de animais silvestres na fase final de extinción a causa do exceso de caza, falta de alimentos e destrucción do hábitat, non nos parece unha actividade moi “civilizada” e menos aínda se estes “campionatos” teñen como finalidade que a caza sexa subvencionada, de maneira encuberta, por parte da Consellería de Cultura e Deporte.
Pensamos que se alguén quere dar tiros e demostrar a súa habilidade con as armas pode, perfectamente, organizar un campionato de tiro ó prato ou á hélice. Nunca utilizar animais vivos para organizar unha orxía de sangue. Por moito “turismo cinexético” que poida traer a Galicia. Hai cousas que os cartos non poden pagar nin un goberno, con un mínimo de ética, permitir.

Ohhhhhhhhhh !!!!!!!!!!!!!!!!
PERO QUIEN SI NO UN AMARGADO Y SIN COJONES PUEDE HACER ESTO A UN ANIMAL O SER INDEFENSO, DAIS MUCHO ASCO, ESTO TIENE Q CAMBIAR D UNA VEZ, SI NO, TENDREMOS Q AYUDARLOS POR NOSOTROS MISMOS, DEFENDEREMOS A LOS ANIMALES A NUESTRA MANERA,
OSEA SIN LA JUSTICIA, PQ YA ESTAMOS CANSADOS D Q NO HAGAN NADA ( PARA VARIAR ),
YO LO TENGO BIEN CLARO, SI SE CRUZA CONMIGO UN CHUSMA D ESTOS, Q TIEMBLE, PQ NO LO CUENTA....
Enviar un comentario novo