O pasado xoves día 26/06/08 o alcalde de Carballiño presumía, na TV local, do "enlace" con que vai contar a nosa Vila. Seica non hai outra que poida "presumir" de tal. Por algo será.
Xa remataron coa carballeira do Puzo do Lago e vai comezar a desfeita, as marcas están en todalas pistas que vai cruzar o "monstruo", Maside arrasado para que O Carballiño teña catro carriles de entrada e saída. Vai semellar Madrid. Agora xa case non se da entrado e hai atascos, veremos despois como o arranxan. Posiblemente poñan unha trituradora de coches na Fontela.
Tamén están acelerando as obras os constructores para que aquí sexa a "cidade dormitorio" de Ourense. O ano pasado fixeronse mais vivendas no Carballiño que en Ourense.
Resumindo, vendennos como favor o que nos vai perxudicar para lucro de catro listos.
E nós, como sempre, criticando o "progreso"...
Artigo Orixinal:
Maside e seu “enlace”, a típica “charanga” dos políticos para venderlle os paisanos “progreso” de chapa galvanizada e chapapote para que, neste caso, alguén dea un “pelotazo” urbanístico á costa da destrucción do rural de Maside, do Puzo do Lago, da Fraga de Amarante, do sosego e beleza desta zona e dos restos arqueolóxicos que están no camiño do “enlace” con o Carballiño.
A o que se comenta, xa están comprados os terreos no lugar de Negrelle, o lado do Puzo do Lago, para construír unha cidade dormitorio, con os seus conseguintes problemas de masificación, perda de calidade de vida, atascos, etc. Pan para hoxe e fame para mañá, perda de calidade de vida dos veciños, que van durmir “arrulados” polo ruído dos coches e respirando o seu fume, para lucro de uns poucos. Espertarán cando sexa tarde demais.
Abandono da opción do desenrolo sustentable e de calidade, pola especulación pura e dura, agora tamén non interior de Galicia, cando estes pobos poderían estar valorizando o seu sosego e beleza esixindo que se mantivese solo o enlace de Ariz, que chega e sobra.Non parece que compense o gasto (53 millóns de euros) nin a desfeita, para lle aforrar ós coches un par de kilometros. Agora si que Maside vai quedar enterrado no chapapote e desvalorizado.
Tamén se criticaba, e con razón, que se estaba a secar o Puzo do Lago por culpa do campo de golf. Pero os que antes criticaban, agora van facer unha urbanización que consume moita mais auga, contamina e posiblemente acabará definitivamente con este magnífico humedal.
Polo que se refire a O Carballiño, esperaremos para ver onde meten os catro carrís de coches que vai ter a “autopista”, cando agora hai atascos para entrar na vila, xa veremos os que haberá despois. Pero 30.000 euros para sanear a Fontela das ratas, non os hai.
Tamén o alcalde do San Amaro xa "cheirou o negocio" e seica quere outra autopista hasta alí para que este pobo tamén "progrese", sobre todo os que mandan e que se vendan os chalets que seica hai projectados para o "campo de golf" (outro mais).¡E despois queixabamonos de tanto "hormigón" como botaron estes últimos anos...cousas veredes amigo Sancho!.
E o que nos queda por ver..."adeus ríos, adeus montes, adeus regatos pequenos, adeus vista dos meus ollos non sei cando nos veremos". Seguramente nunca mais. Acabarán con todo.

Preguntádelle os cuñados
Preguntádelle os cuñados do Alcalde pola nave o lado dos xitanos, se e que son mais listos.......claro, solo pa eles.