Plantas de compostaxe e Polígonos industriais.
Tagged:

01-09-2010 - Reproducimos tres comentarios publicados na paxina de Cope Carballiño onde, na nosa opinión, se define perfectamente todo este asunto das plantas de compostaxe.

Son un veciño do Concello de Leiro, e invito a todos os veciños tanto de Carballiño, Maside e Cea, a que veñades a planta que temos no pobo de Lamas, e menudo fedor de cheiro a merda perdoen a palabra e insoportable e cando pasan os camións, non coment, todo por culpa dun Alcalde chamado con nome e apelidos Fco José Fernández Pérez que nos enganou a todos, en que non cheiraba e que traería moita riqueza para o Pobo e postos de Traballo e único que trouxo foi un cheiro insoportable a MERDA, por iso dígolles os vecinos da Comarca do Carballiño que loite para que non lles veña isa Planta. Xa que no noso Concello temos un Alcalde que non loita polo beneficio dos veciños, sinon polo beneficio del e dalgunhs amiguetes seus.Espero e así o desexo que nas próximas municipais os mandemos fora e que se vai para Cortegada, que alí si que esta ven ese CACIQUE. DIMISIÓN”.

O que fede que apesta é a política, antes eran os socialistas os que defendían o parque da merda-ambiental no Ribeiro, subvencionan e inauguran unha planta de lodos no Concello de Leiro, e agora son os que se opoñen a unha planta igual cá de Leiro en Cea, e viceversa co PP, digo eu que o que é malo nun sitio tamén o será no outro. O dito, a política apesta”.

Sacádelle os colores a estes Sinvergüenzas do PP. Que expliquen por que non quixeron o Parque Medioambiental en Carballeda de Avia e queren facer esta chapuza ilegalmente e sen informar á xente en Cea. É o colmo. Estanse rindo de todos e arrasando con todo”.

O que queremos destacar e que moitos alcaldes sexan dun partido ou de outro, sexan co gallo de plantas de compost ou de parque industriais, sempre andan co asunto dos famosos “postos de traballo” para convencer aos veciños. De maneira que diante de tal tipo de argumento, que xa está mais que visto, debemos desconfiar. Cousa boa non compre vendela.


Outra conclusión que sacamos do asunto é que, cando se meten os políticos polo  medio – cousa que acontece sempre – cada quen defende o que lle convén en cada momento e non teñen empacho algún en se contradicir e, onde dixeron branco, agora dicir negro.


Non imos dicir que toda esta mobilización en contra da barbaridade que se intenta facer en Cea e que xa ten un antecedente en Leiro non estea mais que xustificada, a final de contas debemos saber que se trata de traballar con estercos de animais e lixo orgánico doméstico, que non solo fede, como tamén xera escorrementos de líquidos, e debe ser regado durante a súa preparación co correspondente mal cheiro, concentración de carroñeiros como ratas, moscas, etc. e a posible contaminación de acuíferos. Sen contar coa circulación a diario de camións que transportan tales productos e que deixan o rastro do seu paso polas vilas, así como o fedor que desprenden os materiais que levan.


Pero habería que se preguntar o tipo de credibilidade que poden ter agora alcaldes que levan dous anos impedindo unha comisión de investigación, aprobada por unanimidade, que aclare quen matou mais de 150 cans, ou onde foron parar 300.000 euros que eran para a canceira, nun comportamento que fai pensar a moitos que, non solo saben quen foi, senon que tamén queren impedir que se descubra. Ou alcaldes que están enterrando as suas vilas entre autovías, obras diversas e parques industriais. Mais semella que utilizan unha causa xusta, e aos veciños, para as suas vendetas persoais e politicas.


O que se falou nestas páxinas sobre parques industriais, tamén serve para plantas de compostaxe. Non se pode mandar para o rural todo o que fede e non queren nas cidades. Non se pode asoballar aos veciños das vilas pequenas porque son poucos e case non teñen información algunha, solo porque é mais fácil pelexar con eles que pelexar cos que viven nas cidades e que son moito mais numerosos, están mais informados, están mais unidos e están mais dispostos a pelexar.


A compostaxe doméstica igual que os eólicos domésticos son beneficiosos, xa se sabe: Reducir, Reciclar e Reutilizar (as tres “R”). O que non é nada interesante son os parques industriais de compostaxe, moito menos cando explotados por empresas que procuran o lucro fácil, non inverten en instalacións adecuadas, fan un tratamento inadecuado dos residuos, acaban xerando contaminación e malos cheiros e pouco se preocupan coas molestias aos veciños u os danos ao medio ambiente. Nese senso tampouco é nada interesante encher os cumios dos montes con muíños de vento xigantes. Así que compostaxe e enerxías renovables si, pero a escala doméstica e sen cargar a uns cos problemas xerados por outros.


No se pode tampouco enganar aos veciños e dicirlle que van ter postos de traballo e progreso para lles colocar algo que se sabe de antemán que vai ser nocivo para a súa saúde, a súa calidade de vida e o valor das súas propiedades. Pero infelizmente e para “arranxar o seu lado” e resolverlle o problema ao “empresario amigo” vemos que se fai en moitos lugares. Non é de recibo que un alcalde, que debería defender os intereses dos veciños, utilice a lexitimidade que lle deron as eleccións para corromperse e actuar en contra dos intereses dos veciños durante catro anos.


O único futuro sostible que resta para o noso rural é o de se transformar en lugares de residencia de alta calidade de vida. Lugares caros, onde se rexeneran as casas antigas, onde non se permite especulación inmobiliaria, onde as propiedades se valorizan e onde a procura aumenta porque escasean os lugares tranquilos onde vivir.

Polígonos industriais e industrias contaminantes arruínan este futuro, porque quen pretende ir vivir no rural, gozar de calidade de vida e facer inversións importantes en restaurar unha casa de pedra, precisa de seguridade xurídica, de que non lle vaian arruinar a inversión dentro de algúns anos con unha autovía diante da casa, con quitarlle a carballeira que ve desde a xanela e colocarlle un parque industrial ou unha fábrica que xera ruídos, emisións ou verquidos ,etc.


Calquera tipo de proxecto que non teña que ver coa valorización do rural como rural, que mesture o rural co industrial ou coa especulación inmobiliaria, é un atentado contra os intereses destas pequenas vilas e o seu futuro, e, digan o que digan os politicos sobre progreso e "postos de traballo", solo cabe supoñer que é un engano mais, mediante o cal pretenden amasar cartos empresarios sen escrúpulos e políticos corruptos.


Por certo que esto dos “representants politicos” foi un dos grandes inventos do sistema capitalista. Organizar un par de partidos grandes, pagados polos empresarios, que despois falan “en nome do pobo”, fírmanlles o que faga falta aínda que arruínen o País e establecen unha política económica pola cal os cartos sempre van parar ás grandes empresas que lles pagan. Xa se sabe que comprar a un líder ou a un “representante” é mais fácil que comprar a tódolos veciños, e os “asuntos” “arranxanse” mellor nunha cena entre dous ou tres do que se hai que consultar con centos ou  miles de persoas. Por eso tampouco se fan tantos referendun como se debería.


Evidentemente que contra este tipo de abusos e de abusadores, o mellor é a información e a cultura.

As fotos deste artigo corresponden a diversos lugares dunha planta de compostaxe: O lugar onde é regado, unha pila de residuos "madurando" e emitindo líquidos,  unha balsa de lixiviados ao aire libre, a descarga do lixo doméstico e o esquema dunha planta de compost.

 

Mais información sobre plantas de compostaxe:

http://www.gencat.cat/mediamb/ea/virtual/e-botare.htm

http://www.cogersa.es/metaspace/portal/14498/19176

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Copie as letras no recuadro, sen espacios, antes de de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image without spaces.