Maside outro alcalde que negaba un parque industrial xigante
Tagged:

18-8-2010 - A noticia que aparece na prensa amosa que, hai dous anos, tamén o alcalde de Maside, igual que fixo o de Punxín, faltaba á verdade cando negaba o proxecto de un parque industrial de 80 hectáreas neste Concello e que denunciaba ADEGA e Matar por matar,NON.


Hai días lembramos as verbas do alcalde de Punxín cando, daquela, tamén negaba o proxecto de parque industrial en Vilamoure, que agora demostramos que existe probando que, cando o desmentía, faltaba á verdade.


Desta feita, tócalle ao alcalde de Maside quen, hai dous danos tamén e coincidindo coa colocación da “primeira pedra” do enlace Maside Carballiño, negaba “calquera fundamento”das nosas denuncias sobre o parque industrial de 80 hectáreas preto de Listanco.


Parece evidente que ámbolos dous alcaldes faltaron á verdade, ou intentaron enganar aos medios e aos veciños, deixándonos a nós por mentireiros cando os que faltaban a verdade eran eles.


Tal actitude, na nosa opinión, solo ten dúas posibles explicacións: Ou ignoraban o que se proxectaba para os seus concellos, o que significaría que son uns incompetentes – cousa que dubidamos – ou ben que sabían perfectamente o que se cocía pero intentaban enganarnos e enganar aos veciños ocultándolles a verdade, o cal é a versión que nos damos como mais probable.


Se non querían que os veciños coñecesen a verdade, e non querían que se soubese o que pretendían facer, cabe pensar que é por algunha oculta razón non moi saudable.

Claro que, un alcalde que mente aos veciños, debería dimitir de inmediato porque, se mente nun asunto, vai mentir noutros e nunca saberemos cando di a verdade e cando non, nin que tipo de intereses ocultos están detrás de algo que fai as caladas e agochado dos veciños. Nada bo desde logo, senón non tería inconveniente en dicilo. Se agora nos ven co conto dos “postos de traballo” que se van crear, ou con outras historias semellantes, para intentar xustificar esta nova desfeita en Maside, tampouco podemos crer o que diga.


Eso no que di respecto á moralidade de quen nos goberna, canto a procedencia ou non dese despropósito que vai arrasar aínda mais Maside, tamén temos moito que dicir.


Un parque que é case o triple que o de Ourense, tendo en conta o tamaño e a poboación de Maside, semella unha barbaridade propia de provincianos que confunden cemento con desenrolo, que están dispostos a acoller nos seus concellos industrias que non queren noutros lugares, ou ben, que pretenden especular coas terras dos veciños de Maside, porque lembremos que xa existe un parque industrial en Maside que poucos “postos de traballo” creou e está na maior parte  ocupado por chalés e con moitas parcelas baleiras. Eso sen falar dos milleiros de metros cadrados baleiros en parques industriais de toda a provincia de Ourense.


Nestes dous anos deixaron que se arrasara Maside coa autovía, co enlace e co AVE, e agora queren arrasar outras 80 hectáreas con un parque industrial esaxerado, descomunal e inxustificable para este concello. O que lle faltaba a Maside, onde se están a infrinxir numerosas normas urbanísticas, onde se están  a facer naves industriais no medio de Negrelle e onde se gastaron, seica, 50.000 euros en cambiar a herba da piscina, con fondos do Plan E, o que todos sabemos que non foi tal e a piscina ten a mesma herba que o ano pasado, diga o que diga o letreiro colocado detrás do campo de fútbol, como tamén as lámparas do alumeado son as de sempre, pese aos 150.000 euros dos que fala outro.

Este tipo de actuación vai destruir o futuro residencial destes pequenos concellos onde, xentes das cidades, procuran  tranquilidade e calidade de vida, comprando e restaurando casas antigas, coa conseguinte valorización das propiedades dos veciños.

Colocarlle un parque industrial, que contamina e produce ruidos, diante da porta, non solo frustra esta vocación rural e residencial, como arruina as inversións feitas neste senso así como futuros proxectos de crecemento ordenado, calidade de vida e valorización de propiedades.


Choca este tipo de contradiccións en quen foi delegado de medio ambiente e que debería amosar outro tipo de sensibilidade en relación co cemento no monte e a destrucción do medio natural, pero solo indica que calquera pode ocupar un cargo en medio ambiente sen ter a mais mínima sensibilidade sobre o asunto. Xa daquela pouco se investigara sobre as falsidades nos censos de fauna que presentaban os Tecores, e que nos fartamos de denunciar.


A onde vai o sr. Alcalde de Maside con un parque industrial que é case o triple do que se proxecta para Ourense.
Que tipo de explicacións se deron sobre a utilización dos fondos do Plan E.
Que intereses hai en facer parques inmensos en concellos pequenos e envellecidos.
A que intereses serven este tipo de actuacións inxustificadas, cando hai empresas pechando tódolos días.

Este asunto en "Onda Cero" O Carballiño.

Prensa da época onde se "desminten" estes parque industriais:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2008/09/02/0003_7105500.htm
La Voz 02/09/2008 Adega denuncia alcalde Maside favorecer especulación. p/parque. Celso Fernández desminte e acusa de non ter “ningun fundamento”.


http://www.laregion.es/noticia/63414/maside/carballi%C3%B1o/aparici%C3%B...
La Región 22/07/2008 Adega denuncia especulación Maside Punxín. Celso Fernández “non ten ningún fundamento”.

 

Parque proxectado para Ourense de "solo" 330.000 metros cadrados:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/07/15/concello-desarrollar...
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/07/15/0003_8610589.htm
http://www.laregion.es/noticia/128072/concello/apura/obtencion/suelo/are...
http://www.ourensedixital.com/_novas/10/07/15_01.htm

 

Artigos de hai dous anos onde xa denunciamos estas actuacións :

http://matarpormatarnon.org/node/586
Irregularidades e secretismo en Maside
http://matarpormatarnon.org/node/572
Especulacion en Maside

AdxuntoTamaño
FM000002.WAV15.02 MB

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Copie as letras no recuadro, sen espacios, antes de de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image without spaces.